Homenaxe nacional a #FidelCastro en #Pontevedra

A canción “Cabalgando con Fidel”, composta polo artista Raúl Torres o propio día en que faleceu o dirixente, serviu para romper o xeo e repasar en imaxes a traxectoria do militar e revolucionario cubano. A actriz Mónica Camaño foi a encargada de conducir o acto. “Unha modesta homenaxe tecida con cabeza e corazón” para render honras ante Castro, “quen reencarnou o espírito antiimperialista e encabezou o movemento liberador dun pobo ao que o imperio do Norte non foi quen de someter”, comezou dicindo a artista.

En primeiro lugar subiu á palestra a alcaldesa en funcións, Carme dá Silva, quen trasladou a satisfacción do Goberno local por colaborar dalgún modo no evento. “É unha honra para o Concello que esta homenaxe se estea desenvolvendo aquí (…). Fidel representa todos os principios e é un exemplo de loita de liberdade polos pobos”, comezou dicindo a edil.

A nacionalista compartiu co público a súa experiencia no discurso que puido ver en directo no Festival de Matosinhos (O Porto) en 1998. “Foi emocionante, aínda que  entendemos iso de que se acabou a festa. Os discursos de Fidel non son precisamente curtos”. Dá Silva describiu aquela intervención como unha “experiencia única” vestida de certo presaxio, pois todo o que o líder cubano foi promulgado “foise cumprindo”.

O acto congregou a numerosos artistas da música e a palabra, así como ao cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana.

Os seguintes en subir ao escenario foron os poetas Marta Dacosta e Anxo Angueira e o músico Tino Baz, encargados de dar continuidade á homenaxe. Tamén interviñeron os cantantes Mini e Mero ,  Uxía Senlle, así como os poetas Pepe Cáccamo, Celso Parada, Luz Fandiño e Manolo Pipas.

As outras dous grandes relatorios correron a cargo do cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solaina, e do presidente da Asociación de Amizade Galego-cubana “Francisco Villamil”, Valentín Alvite.

O fío condutor foi a figura de Castro e os vínculos tecidos a ambos os dous lados do Océano Atántico. “A árbore de Fidel medrou en Cuba, pero as súas raíces están chantadas na nosa terra”, lembrou Camaño.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en España, Fidel Castro Ruz, Homenajes, Solidaridad. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s